Conversa:Viktor Saneiev
Aparencia
Dúbidas co nome do artigo
[editar a fonte]En case todo-los idiomas o escriben con "j" (ver interwiki). --HombreDHojalata conversa 22:19, 18 febreiro 2010 (UTC).
- En calquera caso, o lóxico parece Viktor, a teor doutros Vítores que hai por aí adiante. Unha trasliteración, e máis do ruso, sempre é complicada e ás veces variábel. Por min está ben, Viktor, agás que alguén saiba dunha referencia galega a este señor en concreto. Amais, Виктор tradúceno como Viktor case sempre en multitude de linguas. --Atobar (conversa comigo) 22:46, 18 febreiro 2010 (UTC)
- Por certo, ou eu vin mal ou os interwikis todos son con K e non cun J. --Atobar (conversa comigo) 22:47, 18 febreiro 2010 (UTC)
- A dúbida era sobre o Saneiev/Sanejev, non sobre o Victor/Vijtor, que soa un pouco a manchego.--Xoacas(Góstache o pemento?) 22:57, 18 febreiro 2010 (UTC)
- Ah, vale, vale. Nese caso, pois i latino. O noso alfabeto non ten j e mesmo de aceptalo como estranxeirismo non se lería como se le por exemplo en sueco ou en dinamarqués. Se fosemos a wiki portuguesa, nese caso ningún problema, pero sendo como somos a wiki galega a nosa solución ten de ir máis polo i. A non ser que haxa unha referencia firme, claro. Por exemplo, noutro caso de nome ruso, o de Iván Turguiéñef, a solución deuse en base ao que xa está traducido del. --Atobar (conversa comigo) 23:17, 18 febreiro 2010 (UTC)